lunes, 25 de noviembre de 2019

Nunca mascotas, Paula Carballeira

O alumnado do IES As Lagoas , de Ourense fixo un libro ilustrado con algúns dos poemas que estamos a ler, que vos parecen?


George, Alex Gino

Le a seguinte definición, que aparece no Diccionario da RAG, do termo "transxénero":

1. Que ten unha identidade de xénero distinta á que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo.Foi presentado polo conselleiro de educación o protocolo para o alumnado transxénero. O dereito á non discriminación das persoas 
transxénero. -ANTÓNIMO cisxénero                     -CONFRÓNTESE transexual


Neste enlace podemos ampliar a información sobre os nenos transxénero.

      
Un caso real                    Otros casos reales



No libro menciónase a obra de E. B. White, La telaraña de Carlota, que seguro que coñeces, polo menos na súa versión cinematográfica:

                                         


Na páxina 39, Kelly coméntalle a George que os personaxes femininos das obras de Shakespeare eran interpretados por homes, sabías algo  disto? Podes ampliar a túa información neste enlace.

domingo, 24 de noviembre de 2019

Invisible, Eloy Moreno

Trotamundos, como ides coa lectura?  Estades xa enganchados?

O propio autor, Eloy Moreno, preséntanos a obra:






O título fainos pensar, e moito, porque seguro que todos desexamos algunha ver ser invisibles... 

 Na páxina 84 aparece a seguinte reflexión do protagonista sobre a súa invisibilidade:

" A veces, cuando más ganas tenía de ser invisible era cuando más gente me veía, y en cambio, cuando quería que todos me vieran era cuando a mi cuerpo le daba por desaparecer."

E a ti, pasouche algunha vez algo parecido?

Nesta obra aparecen superpoderes, dragóns, monstros e, incluso, elefantes e ourizos que non son máis que o reflexo das emocións dos personaxes, intentemos darlle un significado.

En Invisible refléxase unha realidade que, por desgraza, é máis habitual do que nos gustaría. Algo similar é o que lle ocorre a Mariana na seguinte curtametraxe:



Fíxate na reacción de Mariana, parécese ao que fai o protagonista do libro, cando vive unha situación similar?


Agora, analicemos os seguintes fragmentos das páxinas 131 e 137, respectivamente:

_¿Pero por qué dejas que te lo quite?_me preguntaba Kiri, me preguntaba otra amiga suya, me preguntaban algunos de mis compañeros.
"¿Y por qué no me ayudáis?", pensaba yo.
_Mejor no hacer nada, igual así se le pasa _decía Zaro, que intentaba no meterse demasiado.


Lo que más le gustaba a MM era hacerme daño delante de la gente, para que todos se rieran de mí, para sentirse importante, con poder.

Como reaccionan os que presencian o abuso? Como reaccionaríades vos?



A cabeza de medusa, Marilar Aleixandre


Trotamundos, como ides coa lectura?  Estades xa enganchados?

Fixástesvos no título da obra? Coñecedes o mito de Medusa? Aquí tedes un vídeo que nos achega a el de forma clara e sinxela.

O mito de Medusa (en grego antigo Μέδουσα, 'gardiá', 'protectora') conta a historia de Medusa, un monstro con cabelo de serpes que podía convertir en pedra a aqueles que a miraban fixamente aos ollos e que foi decapitada por Perseo mentres durmía.🐍🐍




Este ser mitolóxico é tamén a protagonista da seguinte canción, que nos pon a pel de galiña:


jueves, 31 de octubre de 2019

Primeira xuntanza 2º ciclo

Chegou o día e, por fin, soubemos que lecturas nos acompañarán este trimestre:




Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, " unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve " . A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura. 
¿Quién no ha deseado alguna vez ser invisible? ¿Quién no ha deseado alguna vez dejar de serlo?El problema es que nunca he llegado a controlar bien ese poder: a veces, cuando más ganas tenía de ser invisible, era cuando más gente me veía, y en cambio, cuando deseaba que todos me vieran, era cuando a mi cuerpo le daba por desaparecer.
Deixámosvos algúns fragmentos das obras para ir abrindo boca :




                                                    



E como non, aquí tedes as fotos desta primeira xuntanza:




📖💖💖
BOA LECTURA!!!

miércoles, 30 de octubre de 2019

Primeira xuntanza 1º ciclo

Chegou o día e, por fin, soubemos que lecturas nos acompañarán este trimestre:




Cuando la gente ve a George, cree que es un chico. Pero ella sabe que no es verdad. George sabe que es una niña. Un dia, su profesora anuncia que la clase representará una obra de teatro. George desea con todas sus fuerzas el papel de la prorotagonista, Carlota. Pero su profesora le dice que no puede hacer la prueba por el simple hecho de ser un chico. Con la ayuda de su mejor amiga Kelly, George trazará un plan, no sólo para poder llegar a ser Carlota en la obra de teatro, sino también para que todo el mundo sepa quién es ella en realidad.








Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais. E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta vida animal da que temén formamos parte.
 Poesía para a xente máis moza. Que ten a ollada aínda limpa que, dende logo que si, teñen moitos seres da natureza. Ás veces máis ca nós.




Deixámosvos a opinión doutros lectores para ir abrindo boca:








E como non, aquí tedes as fotos desta primeira xuntanza:






BOA LECTURA!!!
📖💖💖

lunes, 21 de octubre de 2019

Comeza a conta atrás "tic, tac"

En breve terá lugar a nosa primeira xuntanza deste  novo curso... Xa estamos a quentar motores...


Este ano temos que agradecervos a vosa implicación á hora de escoller as lecturas que faremos. Grazas, Trotamundos!!




lunes, 24 de junio de 2019

Última xuntanza

A nosa última xuntanza dou moito de si.  Aproveitamos para ir pensando nas lecturas que nos gustaría facer no vindeiro curso. Para isto, desprazámonos á librería do pobo ("Papeliños"), onde nos estaba a esperar Pilar cun montón de libros moi diversos que chamaron a nosa atención. Grazas, Pilar, pola túa atención e amabilidade!!


E anotamos as recomendacións para non esquecelas:


Tamén tivemos o noso tempo de lecer...








E, por último, amenizamos a mañá cunha sesión de cine con todos os ingredientes imprescincibles: unha boa película, flocos de millo e algunha larpeirada máis...
Sen dúbida , a mellor das depedidas.

















Moitas grazas trotamundos por esta viaxe!!!!   Vémonos o vindeiro curso!!! Agora toca desfrutar das vacacións!!!

jueves, 13 de junio de 2019

Oitava xuntanza do club

Nesta xuntanza, si que aproveitamos ben o tempo. Seguimos compartindo as nosas impresións sobre os libros lidos e esta vez fixémolo papando uns brownies, que non nos deixaron indiferentes.
E celebramos o aniversario dunha trotamundo. Non hai nada mellor que soprar as candeas en tan boa compaña. 

Parabéns!, Aldara.
Pero tamén nos dou tempo a ir completando o noso mural.

Está quedando un mural moi xeitoso. 


Parabéns, trotamundos!

miércoles, 8 de mayo de 2019

Hai noticias e noticias...

Como dicimos no título desta entrada, hai moitos tipos de noticias, e a seguinte que compartimos, recórdamos, en parte a Amaidú que, ainda que é un persoaxe de ficción, imaxinámolo sentindo unha ledicia próxima ao protagonista do seguinte vídeo. 

Non olvidemos que a realidade supera, moitas veces, a ficción...

sábado, 4 de mayo de 2019

Sètima reunión dos trotamundos

A estas alturas de curso, podemos afirmar que somos uns larpeiros e, nada mellor, que falar de Palabras de caramelo ao redor dunhas fontes cheas de froita bañada en chocolate. Este curso soubemos compaxinar a gastronomía co gusto pola lectura.


lunes, 29 de abril de 2019

Sobre Gonzalo Moure e Palabras de caramelo

Despois da lectura é o momento de comentar algunhas curiosidades sobre a obra e o autor.

Para comezar, nada mellor que algunha noción histórica sobre o conflicto do Sáhara occidental:


Co seguinte documental achegámonos á vida dos refuxiados saharauis:



ACNUR ( agencia de la ONU para los refugiados)  tamén describe Como é o día a día nos campos de refuxiados saharauis?

A través deste vídeo sorprendémonos vendo como a imaxinación permite explotar os escasos medios agrarios que se atopan no deserto do Sáhara. 

Por último, compartimos unha interesante entrevista realizada ao autor polos alumnos de 1º da ESO do IES de Elviña ( A Coruña):



Outras cuestións para reflexionar
  • Kori é un neno xordomudo que sabe ler as palabras nos movementos da boca. Seríades vos capaces de adiviñar as palabras dos vosos compañeiros sen usar a voz? E se poñemos a proba a vosa agudeza visual?
  • Coñeces os programas de acollida de nenos saharauis no verán? 
  • Nesta historia o camelo convértese na mascota do protagonista. E vos, tedes mascotas? Qué faríades por elas?

  • Que coñeces da cultura árabe?



jueves, 28 de marzo de 2019

Palabras de caramelo

Chegou a próxima lectura ás nosas mans e, a verdade, é que ten moi boa pinta...




Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo.



Descubrimos , ademáis, a seguinte cortometraxe, baseada na obra homónina,  e nominada ao Goya á Mellor Curtometraxe Documental no ano 2017.  Película que se describe como unha experiencia sensorial que invita ao espectador a sentir, ver e escoitar a través do mundo dos xordos e a desfrutar da beleza e o silencio no deserto.




Aquí atoparedes o  enlace ao blog do autor (Gonzalo Moure Trenor), onde comenta como xurdiu esta historia.

Algunhas curiosidades sobre María mais eu

Como sabedes, un dos libros lidos no club de lectura é a historia de Miguel Gallardo  que, acostumado a comunicarse visualmente coa sua filla María, quere compartilo con nós como se fósemos ela, a través dos seus debuxos. É unha obra chea de imaxes que transmiten sensacións  e emocións de María, do se pai e do seu entorno. 


Aquí vos deixamos dous cortos animados, moi interesantes sobre esta historia e o autismo:



Por certo, tamén tedes a páxina de Facebook "María y yo" onde o autor vai colgando fotos de María e outras aventuras que viven día a día.


lunes, 25 de marzo de 2019

Quinta xuntanza dos trotamundos

Seguimos a compartir impresións sobre os libros escollidos, nesta ocasión as comparacións co libro lido no primeiro trimestre eran inevitables...


Co entroido petando á porta, aproveitamos para degustar un dos postres máis característico destas datas: unhas  saborosas rosquillas.







martes, 26 de febrero de 2019

Unha noticia para reflexionar...

Ollando a prensa, dimos coa seguinte noticia, referente á pasada Gala dos Óscar, da que se fixeron eco varios medios de comunicación :




Noticia en As


Tendo en conta que neste club de lectura, traballamos cun libro que ten como temática principal o autismo, parécenos fundamental reflexionar sobre a necesidade de respectar a diversidade e de non falar do que descoñecemos. 

E ti, que opinas ao respecto?

domingo, 3 de febrero de 2019

O mural dos trotamundos (cuarta reunión)

Decidimos compartir as nosas impresións sobre as lecturas, que estamos a descubrir,  cos demais membros do centro; e nada mellor que facelo a través dun MURAL. Nel expoñeremos o que nos transmitiron, ou fixeron sentir, cada un dos libros. Deixaremos voar a nosa parte máis creativa e amosaremos a nosa opinión a través de debuxos, citas, textos...



De momento, o mural está bastante baleiro, pero ao longo do curso irémolo enchendo de imaxes e palabras diversas.  Cada un de nós deixará no papel un anaco de sí mesmo, intentando plasmar aquela emoción que espertou durante a lectura.