A nosa última xuntanza dou moito de si. Aproveitamos para ir pensando nas lecturas que nos gustaría facer no vindeiro curso. Para isto, desprazámonos á librería do pobo ("Papeliños"), onde nos estaba a esperar Pilar cun montón de libros moi diversos que chamaron a nosa atención. Grazas, Pilar, pola túa atención e amabilidade!!
E anotamos as recomendacións para non esquecelas:
Tamén tivemos o noso tempo de lecer...
E, por último, amenizamos a mañá cunha sesión de cine con todos os ingredientes imprescincibles: unha boa película, flocos de millo e algunha larpeirada máis...
Sen dúbida , a mellor das depedidas.
Moitas grazas trotamundos por esta viaxe!!!! Vémonos o vindeiro curso!!! Agora toca desfrutar das vacacións!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario