Chegou a próxima lectura ás nosas mans e, a verdade, é que ten moi boa pinta...
Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo.
Descubrimos , ademáis, a seguinte cortometraxe, baseada na obra homónina, e nominada ao Goya á Mellor Curtometraxe Documental no ano 2017. Película que se describe como unha experiencia sensorial que invita ao espectador a sentir, ver e escoitar a través do mundo dos xordos e a desfrutar da beleza e o silencio no deserto.
Aquí atoparedes o enlace ao blog do autor (Gonzalo Moure Trenor), onde comenta como xurdiu esta historia.
Gustoume moitísimo este libro. Esa amizade do neno protagonista cun camelo que lle permite fuxir da penuria do campo de refuxiados. Esa única conversa que lle é posible mediante os beizos do camelo. Esa comunicación que establece con el e que lle leva á máxima beleza que é a poesía... Unha marabilla chea de sentimento e sensibilidade.

ResponderEliminar