O xoves, 25 de outubro tivemos a nosa primeira reunión.
A búsqueda de trotamundos foi tan exitosa, especialmente no primeiro ciclo da ESO, que decidimos crear dous grupos para que todos puideran participar activamente en cada encontro. Así pois, cada grupo comentará e traballará sobre un libro, que se intercambirá no próximo trimestre. Presentamos os libros como agasallos e deixamos que os alumnos e alumnas os escolleran pola cor do papel que os envolvía e, deste xeito, fixemos cada un dos agrupamentos.
Falamos das "non normas" deste club, porque o que nos quedou claro é que se trata de compartir un momento de lecer, mostrar os sentimentos e emocións que xurdiron coa lectura do libro, empatizar con relidades diferentes á nosa e pasar un bo momento entre trotamundos. A única regra a cumprir é o respeto hacia as opinións dos nosos compañeiros.

A sorpresa chegou ao abrir os paquetiños e descubrir, non só un pequeno agasallo en forma de chocolatina para dar a benvida aos trotamundos, senón tamén os títulos que nos permitirán vivir diferentes realides e poñernos na pel dos seus protagonistas. As obras escollidas son as seguintes:
Deixámosvos unha primeira aproximación a estes libros que, estamos seguras, no vos deixarán indiferentes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario