viernes, 21 de diciembre de 2018

CON OLOR A NADAL (3ª REUNIÓN)


Xa co Nadal moi preto, fixemos a derradeira reunión deste trimestre .



E, claro, non podía faltar algunha lambonada do Nadal...




Decidimos reunirnos os dous grupos na biblioteca e traballar conxuntamente nun mural no que cada trotamundo exprese libremente algún sentimento, frase, debuxo, etc. que lle inspirase a lectura das obras. Un mural que expoñeremos nun lugar visible do noso centro, para así invitar ao resto de alumnado á acercarse a ditas obras.

Ainda que o papel estaba en branco, xurdiron moitas e variadas ideas, que o irán enchendo e pouco a pouco irá collendo forma.






jueves, 22 de noviembre de 2018

E TRALA LECTURA... (2ª REUNIÓN)

Despois de ler cada un dos libros,  chegou o momento de compartir impresións e que mellor que facelo ao redor dun pequeno petisco:


Saímos desa reunión co bandullo cheo e sabendo algunhas cousiñas máis:

  • Un dos grupos aproximouse ao autismo e á importancia dos debuxos para a comunicación coas persoas autistas. Tamén soubo que a historia de María mais eu é real, o que sorpendeu a máis de un. Incluso houbo unha reflexión sobre os prexuicios que o home fai de realidades que non coñece.

  • O outro descubríu a existencia de minas antipersoa e as súas consecuencias; e como a través dunha fotografía se pode descubrir un mundo moi diferente ao que estamos acostumados.  

Para todos foi un momento de expresar con liberdade opinións sobre esas realidades tan diversas e descubrir outras miradas a través dos ollos dos nosos compañeiros. Practicamente todos nos puxemos nas pel deses protagonistas: comunicámonos con María e buscamos unhas pernas para Amaidú.






viernes, 26 de octubre de 2018

PRIMEIRO CONTACTO (1ª REUNIÓN)

O xoves, 25 de outubro tivemos a nosa primeira reunión


A búsqueda de trotamundos foi  tan exitosa, especialmente no primeiro ciclo da ESO, que decidimos crear dous grupos para que todos puideran participar activamente en cada  encontro. Así pois, cada grupo comentará  e traballará sobre un libro, que se intercambirá no próximo trimestre. Presentamos os libros como agasallos e deixamos que os alumnos e alumnas os escolleran pola cor do papel que os envolvía e, deste xeito, fixemos cada un dos agrupamentos. 


Falamos das "non normas" deste club, porque o que nos quedou claro é que se trata de compartir un momento de lecer, mostrar os sentimentos e emocións que xurdiron coa lectura do libro, empatizar con  relidades diferentes á nosa e pasar un bo momento entre trotamundos. A única regra a cumprir é o respeto hacia as opinións dos nosos compañeiros.





A sorpresa chegou ao abrir os paquetiños e descubrir, non só un pequeno agasallo en forma de chocolatina para dar a benvida aos trotamundos, senón tamén os títulos que nos permitirán vivir diferentes realides e poñernos na pel dos seus protagonistas. As obras escollidas son as seguintes:





Deixámosvos unha primeira aproximación a estes libros que, estamos seguras, no vos deixarán indiferentes:


María mais eu, Miguel Gallardo


Las piernas de Amaidú






miércoles, 17 de octubre de 2018

BÚSCANSE TROTAMUNDOS

Este Curso 18/19 o equipo da biblioteca decidiu retomar unha aventura que comezou anos atrás e que, por diversas circuntancias, se deixou de realizar nos últimos anos.


Pero... De que estamos a falar? Pois alá polo ano 2011 no noso centro un grupo de docentes  inquedos e con ganas de compartir experiencias co seu alumnado, decidiu crear un club de lectura como unha forma lúdica de compartir emocións, experiencias e como unha oportunidade de abrir as nosas mentes a outras culturas e realidades. Esta nova andaina tiña por título OS TROTAMUNDOS, na honra a esas marabillosas viaxes levadas a cabo en cada unha das reunións.


Neste curso, en coordinación co Proxecto lector de centro e  a Biblioteca escolar, retomamos o club de lectura e  pensamos en compartir obras que teñan algunha relación coa temática do centro: "UN MUNDO DIVERSO, UN MUNDO MELLOR"; pero, sobre todo, buscamos libros que enganchen aos nosos trotamundos e lles permitan deixar voar o seu maxín e sentir.


Só faltaba buscar aos principais protagonistas, aos verdadeiros totamundos; así que nos puxemos máns á obra e invitámolos a unha reunión na biblioteca o xoves 25 de outubro. Empapelamos o centro de carteis demandando a súa participación. E sen súbida, foi  todo un éxito.

GRAZAS POLA VOSA ACOLLIDA!!!