jueves, 28 de marzo de 2019

Palabras de caramelo

Chegou a próxima lectura ás nosas mans e, a verdade, é que ten moi boa pinta...




Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo.



Descubrimos , ademáis, a seguinte cortometraxe, baseada na obra homónina,  e nominada ao Goya á Mellor Curtometraxe Documental no ano 2017.  Película que se describe como unha experiencia sensorial que invita ao espectador a sentir, ver e escoitar a través do mundo dos xordos e a desfrutar da beleza e o silencio no deserto.




Aquí atoparedes o  enlace ao blog do autor (Gonzalo Moure Trenor), onde comenta como xurdiu esta historia.

Algunhas curiosidades sobre María mais eu

Como sabedes, un dos libros lidos no club de lectura é a historia de Miguel Gallardo  que, acostumado a comunicarse visualmente coa sua filla María, quere compartilo con nós como se fósemos ela, a través dos seus debuxos. É unha obra chea de imaxes que transmiten sensacións  e emocións de María, do se pai e do seu entorno. 


Aquí vos deixamos dous cortos animados, moi interesantes sobre esta historia e o autismo:



Por certo, tamén tedes a páxina de Facebook "María y yo" onde o autor vai colgando fotos de María e outras aventuras que viven día a día.


lunes, 25 de marzo de 2019

Quinta xuntanza dos trotamundos

Seguimos a compartir impresións sobre os libros escollidos, nesta ocasión as comparacións co libro lido no primeiro trimestre eran inevitables...


Co entroido petando á porta, aproveitamos para degustar un dos postres máis característico destas datas: unhas  saborosas rosquillas.







martes, 26 de febrero de 2019

Unha noticia para reflexionar...

Ollando a prensa, dimos coa seguinte noticia, referente á pasada Gala dos Óscar, da que se fixeron eco varios medios de comunicación :




Noticia en As


Tendo en conta que neste club de lectura, traballamos cun libro que ten como temática principal o autismo, parécenos fundamental reflexionar sobre a necesidade de respectar a diversidade e de non falar do que descoñecemos. 

E ti, que opinas ao respecto?

domingo, 3 de febrero de 2019

O mural dos trotamundos (cuarta reunión)

Decidimos compartir as nosas impresións sobre as lecturas, que estamos a descubrir,  cos demais membros do centro; e nada mellor que facelo a través dun MURAL. Nel expoñeremos o que nos transmitiron, ou fixeron sentir, cada un dos libros. Deixaremos voar a nosa parte máis creativa e amosaremos a nosa opinión a través de debuxos, citas, textos...



De momento, o mural está bastante baleiro, pero ao longo do curso irémolo enchendo de imaxes e palabras diversas.  Cada un de nós deixará no papel un anaco de sí mesmo, intentando plasmar aquela emoción que espertou durante a lectura.





viernes, 21 de diciembre de 2018

CON OLOR A NADAL (3ª REUNIÓN)


Xa co Nadal moi preto, fixemos a derradeira reunión deste trimestre .



E, claro, non podía faltar algunha lambonada do Nadal...




Decidimos reunirnos os dous grupos na biblioteca e traballar conxuntamente nun mural no que cada trotamundo exprese libremente algún sentimento, frase, debuxo, etc. que lle inspirase a lectura das obras. Un mural que expoñeremos nun lugar visible do noso centro, para así invitar ao resto de alumnado á acercarse a ditas obras.

Ainda que o papel estaba en branco, xurdiron moitas e variadas ideas, que o irán enchendo e pouco a pouco irá collendo forma.






jueves, 22 de noviembre de 2018

E TRALA LECTURA... (2ª REUNIÓN)

Despois de ler cada un dos libros,  chegou o momento de compartir impresións e que mellor que facelo ao redor dun pequeno petisco:


Saímos desa reunión co bandullo cheo e sabendo algunhas cousiñas máis:

  • Un dos grupos aproximouse ao autismo e á importancia dos debuxos para a comunicación coas persoas autistas. Tamén soubo que a historia de María mais eu é real, o que sorpendeu a máis de un. Incluso houbo unha reflexión sobre os prexuicios que o home fai de realidades que non coñece.

  • O outro descubríu a existencia de minas antipersoa e as súas consecuencias; e como a través dunha fotografía se pode descubrir un mundo moi diferente ao que estamos acostumados.  

Para todos foi un momento de expresar con liberdade opinións sobre esas realidades tan diversas e descubrir outras miradas a través dos ollos dos nosos compañeiros. Practicamente todos nos puxemos nas pel deses protagonistas: comunicámonos con María e buscamos unhas pernas para Amaidú.