jueves, 28 de marzo de 2019
Algunhas curiosidades sobre María mais eu
Como sabedes, un dos libros lidos no club de lectura é a historia de Miguel Gallardo que, acostumado a comunicarse visualmente coa sua filla María, quere compartilo con nós como se fósemos ela, a través dos seus debuxos. É unha obra chea de imaxes que transmiten sensacións e emocións de María, do se pai e do seu entorno.
Aquí vos deixamos dous cortos animados, moi interesantes sobre esta historia e o autismo:
Por certo, tamén tedes a páxina de Facebook "María y yo" onde o autor vai colgando fotos de María e outras aventuras que viven día a día.
lunes, 25 de marzo de 2019
Quinta xuntanza dos trotamundos
Seguimos a compartir impresións sobre os libros escollidos, nesta ocasión as comparacións co libro lido no primeiro trimestre eran inevitables...
Co entroido petando á porta, aproveitamos para degustar un dos postres máis característico destas datas: unhas saborosas rosquillas.
martes, 26 de febrero de 2019
Unha noticia para reflexionar...
Ollando a prensa, dimos coa seguinte noticia, referente á pasada Gala dos Óscar, da que se fixeron eco varios medios de comunicación :
Noticia en As
Tendo en conta que neste club de lectura, traballamos cun libro que ten como temática principal o autismo, parécenos fundamental reflexionar sobre a necesidade de respectar a diversidade e de non falar do que descoñecemos.
E ti, que opinas ao respecto?
domingo, 3 de febrero de 2019
O mural dos trotamundos (cuarta reunión)
Decidimos compartir as nosas impresións sobre as lecturas, que estamos a descubrir, cos demais membros do centro; e nada mellor que facelo a través dun MURAL. Nel expoñeremos o que nos transmitiron, ou fixeron sentir, cada un dos libros. Deixaremos voar a nosa parte máis creativa e amosaremos a nosa opinión a través de debuxos, citas, textos...
De momento, o mural está bastante baleiro, pero ao longo do curso irémolo enchendo de imaxes e palabras diversas. Cada un de nós deixará no papel un anaco de sí mesmo, intentando plasmar aquela emoción que espertou durante a lectura.
viernes, 21 de diciembre de 2018
CON OLOR A NADAL (3ª REUNIÓN)
Xa co Nadal moi preto, fixemos a derradeira reunión deste trimestre .
E, claro, non podía faltar algunha lambonada do Nadal...
Decidimos reunirnos os dous grupos na biblioteca e traballar conxuntamente nun mural no que cada trotamundo exprese libremente algún sentimento, frase, debuxo, etc. que lle inspirase a lectura das obras. Un mural que expoñeremos nun lugar visible do noso centro, para así invitar ao resto de alumnado á acercarse a ditas obras.
Ainda que o papel estaba en branco, xurdiron moitas e variadas ideas, que o irán enchendo e pouco a pouco irá collendo forma.
jueves, 22 de noviembre de 2018
E TRALA LECTURA... (2ª REUNIÓN)
Despois de ler cada un dos libros, chegou o momento de compartir impresións e que mellor que facelo ao redor dun pequeno petisco:

Saímos desa reunión co bandullo cheo e sabendo algunhas cousiñas máis:
- Un dos grupos aproximouse ao autismo e á importancia dos debuxos para a comunicación coas persoas autistas. Tamén soubo que a historia de María mais eu é real, o que sorpendeu a máis de un. Incluso houbo unha reflexión sobre os prexuicios que o home fai de realidades que non coñece.
- O outro descubríu a existencia de minas antipersoa e as súas consecuencias; e como a través dunha fotografía se pode descubrir un mundo moi diferente ao que estamos acostumados.
Para todos foi un momento de expresar con liberdade opinións sobre esas realidades tan diversas e descubrir outras miradas a través dos ollos dos nosos compañeiros. Practicamente todos nos puxemos nas pel deses protagonistas: comunicámonos con María e buscamos unhas pernas para Amaidú.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




