Compartimos un vídeo sobre o acoso escolar que nos puxo a pel de galiña, igual que o libro que estades a ler, ou xa listes: Invisible. Iñaki Zubizarreta, un ex xogador de baloncesto, volve á súa infancia para relatar momentos atroces de abuso na época de estudante. Fainos reflexionar, non só sobre os acosadores, senón tamén sobre a importancia que teñen os acosadores pasivos, aqueles que ven, pero non falan nin actúan... El sinala tamén o papel dalgún profesor que non estivo á altura. Por desgraza, segue sendo un tema de actualidade que se traslada, moitas veces, das aulas ao mundo virtual. Unha das claves para solucionar o problema é a empatía, o poñernos no lugar do outro; e o respecto e a tolerancia cara aos demais.
Le a seguinte definición, que aparece no Diccionario da RAG, do termo "transxénero": 1. Que ten unha identidade de xénero distinta á que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo.Foi presentado polo conselleiro de educación o protocolo para o alumnado transxénero. O dereito á non discriminación das persoas transxénero. -ANTÓNIMO cisxénero -CONFRÓNTESE transexual
Neste enlace podemos ampliar a información sobre os nenos transxénero.
No libro menciónase a obra de E. B. White, La telaraña de Carlota, que seguro que coñeces, polo menos na súa versión cinematográfica:
Na páxina 39, Kelly coméntalle a George que os personaxes femininos das obras de Shakespeare eran interpretados por homes, sabías algo disto? Podes ampliar a túa información neste enlace.
Trotamundos, como ides coa lectura? Estades xa enganchados? O propio autor, Eloy Moreno, preséntanos a obra:
O título fainos pensar, e moito, porque seguro que todos desexamos algunha ver ser invisibles...
Na páxina 84 aparece a seguinte reflexión do protagonista sobre a súa invisibilidade:
" A veces, cuando más ganas tenía de ser invisible era cuando más gente me veía, y en cambio, cuando quería que todos me vieran era cuando a mi cuerpo le daba por desaparecer."
E a ti, pasouche algunha vez algo parecido?
Nesta obra aparecen superpoderes, dragóns, monstros e, incluso, elefantes e ourizos que non son máis que o reflexo das emocións dos personaxes, intentemos darlle un significado.
En Invisible refléxase unha realidade que, por desgraza, é máis habitual do que nos gustaría. Algo similar é o que lle ocorre a Mariana na seguinte curtametraxe:
Fíxate na reacción de Mariana, parécese ao que fai o protagonista do libro, cando vive unha situación similar? Agora, analicemos os seguintes fragmentos das páxinas 131 e 137, respectivamente: _¿Pero por qué dejas que te lo quite?_me preguntaba Kiri, me preguntaba otra amiga suya, me preguntaban algunos de mis compañeros. "¿Y por qué no me ayudáis?", pensaba yo. _Mejor no hacer nada, igual así se le pasa _decía Zaro, que intentaba no meterse demasiado. Lo que más le gustaba a MM era hacerme daño delante de la gente, para que todos se rieran de mí, para sentirse importante, con poder. Como reaccionan os que presencian o abuso? Como reaccionaríades vos?
Trotamundos, como ides coa lectura? Estades xa enganchados?
Fixástesvos no título da obra? Coñecedes o mito de Medusa? Aquí tedes un vídeo que nos achega a el de forma clara e sinxela.
O mito de Medusa (en grego antigo Μέδουσα, 'gardiá', 'protectora') conta a historia de Medusa, un monstro con cabelo de serpes que podía convertir en pedra a aqueles que a miraban fixamente aos ollos e que foi decapitada por Perseo mentres durmía.🐍🐍
Este ser mitolóxico é tamén a protagonista da seguinte canción, que nos pon a pel de galiña: