Compartimos un vídeo sobre o acoso escolar que nos puxo a pel de galiña, igual que o libro que estades a ler, ou xa listes: Invisible.
Iñaki Zubizarreta, un ex xogador de baloncesto, volve á súa infancia para relatar momentos atroces de abuso na época de estudante. Fainos reflexionar, non só sobre os acosadores, senón tamén sobre a importancia que teñen os acosadores pasivos, aqueles que ven, pero non falan nin actúan...
El sinala tamén o papel dalgún profesor que non estivo á altura.
Por desgraza, segue sendo un tema de actualidade que se traslada, moitas veces, das aulas ao mundo virtual.
Unha das claves para solucionar o problema é a empatía, o poñernos no lugar do outro; e o respecto e a tolerancia cara aos demais.