jueves, 30 de abril de 2020
ESTAMOS CONFINADOS, PERO SEGUIMOS LENDO
Sen dúbida, estamos a vivir unha situación complicada que impide que nos reunamos normalmente, así que aquí vos deixamos algunhas suxerencias para pasar o tempo neste período de recollemento.
martes, 17 de marzo de 2020
Fotos da última reunión
Quen nos diría que era a nosa última reunión deste ano...
Pero non vos preocupedes, tan pronto como poidamos, desfrutaremos de novo da lectura
MOITO ÁNIMO, LECTORES!
miércoles, 29 de enero de 2020
Un testimonio sobre o acoso escolar
Compartimos un vídeo sobre o acoso escolar que nos puxo a pel de galiña, igual que o libro que estades a ler, ou xa listes: Invisible.
Iñaki Zubizarreta, un ex xogador de baloncesto, volve á súa infancia para relatar momentos atroces de abuso na época de estudante. Fainos reflexionar, non só sobre os acosadores, senón tamén sobre a importancia que teñen os acosadores pasivos, aqueles que ven, pero non falan nin actúan...
El sinala tamén o papel dalgún profesor que non estivo á altura.
Por desgraza, segue sendo un tema de actualidade que se traslada, moitas veces, das aulas ao mundo virtual.
Unha das claves para solucionar o problema é a empatía, o poñernos no lugar do outro; e o respecto e a tolerancia cara aos demais.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



